Skip to Content

Instalamos AppServ

 

appserv247Executamos o arquivo appserv que baixamos no noso equipo, facendo doble clic sobre o mesmo.

Pasos:
Observamos que no paso 3 nos indica a carpeta na que instala o servidor.
No paso 5 pídenos o nome do servidor e poñemos "localhost", ademáis do noso correo electrónico
No seguinte paso, 6, teremos que escribir o usuario e contrasinal de base de datos (Ex: usuario= "root"; contrasinal= "root"

E finalizaríamos a instalación do servidor

 ap1 ap2

 ap3 

 
 ap5 ap6 ap7 

Vainos a crear no noso equipo unha carpeta C:AppServ

Na carpeta AppServ hai unha carpeta chamada www, que será na que teñamos que aloxar as páxinas web que queiramos que o noso servidor nos mostre.

localhostSe lanzamos o navegador (mozilla, explorer,...) escribimos a URL: http://localhost  teremos que ver unha pantalla semellante a que mostramos, o que indicará que o servidor está xa instalado e funcionando.



book | by Dr. Radut