Manual de instalación local

Manual en formato de libro co que poderemos seguir paso a paso a instalación dun servidor web Apache en windows, unha base de datos MSQL co phpMyAdmin necesarios para a instalación final de Drupal

 

Instalar un servidor web en windows

Para instalar Drupal vamos precisar un servidor Web Apache, unha base de datos MSQL e unha aplicación que nos administre a base de datos, phpMyAdmin.

Na páxina http://www.appservnetwork.com/ podemos atopar un paquete completo executable que nos instala as tres aplicacións dun xeito sinxelo en windows. Podemos elixir calquera das últimas versións para instalar

AppServ 2.5.7

AppServ 2.4.7

Instalamos AppServ

 

appserv247Executamos o arquivo appserv que baixamos no noso equipo, facendo doble clic sobre o mesmo.

Pasos:
Observamos que no paso 3 nos indica a carpeta na que instala o servidor.
No paso 5 pídenos o nome do servidor e poñemos "localhost", ademáis do noso correo electrónico
No seguinte paso, 6, teremos que escribir o usuario e contrasinal de base de datos (Ex: usuario= "root"; contrasinal= "root"

E finalizaríamos a instalación do servidor

 ap1 ap2

 ap3 

 
 ap5 ap6 ap7 

Vainos a crear no noso equipo unha carpeta C:AppServ

Na carpeta AppServ hai unha carpeta chamada www, que será na que teñamos que aloxar as páxinas web que queiramos que o noso servidor nos mostre.

localhostSe lanzamos o navegador (mozilla, explorer,...) escribimos a URL: http://localhost  teremos que ver unha pantalla semellante a que mostramos, o que indicará que o servidor está xa instalado e funcionando.

Preparando Drupal

  

En http://drupal.org podemos baixar a última versión de Drupal.

Será un paquete comprimido que deberemos liberar no noso equipo nunha carpeta chamada drupal.

A carpeta drupal completa deberemos copiala dentro da carpeta www que nos creou a instalación do appserv.

logo quedaranos unha ruta semellante a: c:/appserv/www/drupal 

A carpeta drupal conten outras carpetas e arquivos que podemos ver na imaxe

 Agora temos que arranxar o arquivo de conexión de drupal coa base de datos.

Ese arquivo chamase setting.php e atópase na carpeta default, dentro de sites.  "sites/default/settings.php"

 Hai que editalo, para indicarlle a drupal o nome de usuario da base de datos, a súa contrasinal e o nome da base de datos.

Creamos a base de datos

 Lanzamos o phpMyAdmin abrindo un navegador e escibindo a dirección http://localhost

bdObservamos que non temos unha base de datos chamada drupal e temos que creala.

Xa temos a base de datos, pero aínda non ten ningunha táboa.bd1

 Creamos as táboas buscando (examinar) o arquivo de texto na carpeta database de drupal.

dp4

Executamos a consulta e observamos que efectivamente se crearon as táboas necesarias.

Lanzamos drupal

 

Agora só nos falta lanzar drupal e crear a nosa primeira conta como usuarios administradores da aplicación.

Escribimos no navegador a dirección:ini

http://localhost/drupal

Debería aparecer unha pantalla semellante á da imaxe e prememos na opción de crear a primeira conta.

Entramos xa en drupal, no que teremos que indicar o nome de usuario e un correo electrónico.

  

Drupal danos automaticamente unha contrasinal, pero mellor cambiámola.

Se todo foi ben xa temos drupal coa configuración básica. Faltaría instalarlle os módulos necesarios para idioma, control de acceso, procesador de textos, eventos,...ata trece módulos que instalamos no proxecto.