Engadir desafío CAPTCHA a un formulario

1º Activar os módulos de control de lixo (CAPTCHA)

En Drupal 6 dispoñemos de dous módulos para o control de lixo. Atopámolos en Administrar > Construción da páxina > Módulos, no grupo Control de lixo:

Módulos Control de lixo

Debemos activar o módulo CAPTCHA que é a base do sistema e que nos vai proporcionar desafíos de tipo aritmético. Opcionalmente podemos activar tamén o módulo Image CAPTCHA que nos vai proporcionar desafíos baseados nunha imaxe.

2º Configurar os permisos do módulo CAPTCHA

Sempre que se activa un módulo de Drupal convén revisar os seus permisos para axustar correctamente as súas funcións aos distintos roles de usuarios. Isto fácemolo na ruta Administrar > Mantemento de usuarios > Permisos.

Neste caso, fixámonos nos permisos para o módulo CAPCHA, donde hai dous permisos distintos: "administrar os axustes de CAPTCHA" e "saltar o CAPTCHA". A configuración recomendada é a que se amosa na seguinte imaxe, concedendo o permiso de administrar os axustes ao administrador, preciso para poder engdir os desafíos aos formularios, e conceder tamén o permiso de saltar o CAPTCHA aos usuarios autenticados. Con isto último facemos que só os usuarios anónimos teñan que superar os desafíos. Poñémolo así porque normalmente o obxectivo do desafío e evitar o envío dos formularios por parte de robots de internet, que normalmente acceden como usuarios anónimos.

Permisos CAPTCHA

Non esquezamos gardar os cambios ao final do formulario.

3º Configurar e engadir o desafío CAPTCHA ao formulario

Unha vez activados os módulos, accederemos á sua configuración na ruta Administrar > Mantemento de usuarios > CAPTCHA.

Desafío predeterminado.

O primeiro que podemos configurar neste formulario é que tipo de desafío establecemos como predeterminado aínda que logo podamos elixir un distinto para cada formulario concreto.

Dispoñemos dos desafíos de tipo aritmético (Math) e ademais, se temos activado o módulo Image CAPTCHA, tamén dos desafíos de tipo imaxe.

Seleccionaremos aquel que prefiramos como predeterminado.

Desafío predeterminado

Engadir o desafío

A continuación temos una lista de formularios estandar de Drupal aos que podemos engadir un desafío, e ao final do listado un campo en branco para escribir o nome doutro formulario ao que queiramos engadir un desafío.

Lista de formularios

Como exemplo imos engadir un desafío para o formulario de envío por correo electrónico dun contido da web, que depende do módulo Send by email (cuxo identificador é print_mail), módulo que podemos activar ou desactivar en Administrar > Construción da páxina > Módulos, no grupo Printer, email and PDF versions. Naturalmente, este módulo debe estar activo para poder engadirlle un desafío.

O identificador deste formulario é print_mail_form así que escribimos este identificador no campo valeiro e seleccionamos o tipo de desafío. Neste caso escollemos que utilice o desafío predeterminado.

Engadir desafío

Para gardar esta nova configuración debemos premer no botón de gardar a configuración ao final do formulario. Obteremos esta nova lista de formularios.

Lista de formularios

A maior dificultade desta configuración está en coñecer o identificador do formulario ao que queremos engadir o desafío. En moitos casos será o identificador do módulo que crea o formulario co sufixo '_form'. En calquera caso, convén consultalo co asesor Abalar de zona o no correo websdinamicas@edu.xunta.es

Última modificación: Xoves, 27 de Setembro do 2018, 10:49