Módulo Quicktabs

O módulo Quick Tabs permite crear de xeito automático bloques con lapelas que poden enlazar a nodos, bloques, vistas ou incluso a outros Quicktabs.

  • Activar o módulo Quick Tabs do grupo Outro. Comprobar que tamén está activado o Chaos tools.

módulo Quick Tabs

  • Dar permisos para o administrador ou para os roles que se consideren:

permisos para o módulo  Quick Tabs

  • Na ruta Administrar » Construción do sitio xa aparece a opción Quicktabs

Opción Quicktabs en Construción do sitio

A continuación desenvolverase un exemplo para amosar o seu posible uso.


CREACIÓN DUN BLOQUE CON LAPELAS ENLAZADAS A NODOS: QuickTabs tipo tab: Node

  • No seguinte exemplo crearanse tres nodos (contidos con texto ou imaxes) que servirán para enlazar cos blogs existentes no centro (infantil, primaria e tecnoloxía).
  • A continuación crearanse quicktabs de tipo tab: Node cos nomes de cada un dos blogs que enlazarán aos nodos anteriores.
  • O resultado de todo o anterior será a creación automática de lapelas cos nomes dos blogs. Facendo click sobre cada unha delas, amosarase o contido asociado e enlazado ao blog correspondente.

Os pasos a seguir son os seguintes:

  • Crear os distintos contidos (imaxes, textos...). Neste exemplo engadiuse unicamente unha imaxe representativa para cada blog, enlazada por medio dun hipervínculo á URL do blog correspondente. Anotar o número do nodo:
    • Crear un contido tipo páxina co nome : "blog de infantil".
      • No corpo incluir unha imaxe que enlace coa url do blog de infantil por medio dun hipervínculo.
      • Categorizar o contido se se considera preciso. Nun exemplo como o que se está a describir non sería necesario.
      • Gardar.
contido url para enlazar
      • O contido almacenarase coa URL www.edu.xunta.gal/centros/nome-do-centro/node/XX, onde XX é o número de identificación do nodo creado. Apuntar este número.
    • Crear tantos contidos como blogs (primaria, tecnoloxía...) e apuntar os respectivos números de identificación dos nodos.
  • Ir a Administrar » Construción do sitio » Quicktabs e premer en "New QT Block".
    • Título do bloque: é o nome do bloque que aparece automaticamente cando se crea un quicktab.  Servirá para a súa identificación. No noso exemplo "Blogs".
    • Estilo: Escoller entre os distintos estilos de lapelas dispoñibles. No exemplo escolleuse o estilo "Phylactere".
    • Nome do sistema: é o nome co que o sistema identifica o novo quicktab. No exemplo "blogs".
    • Ajax: Deixar marcada a opción por defecto: "Non".
    • Hide empty tabs: Pódese marcar se se desexa que non se amosen as lapelas baleiras.
    • Tab title: Poñer o nome desexado para a lapela (neste exemplo "blog infantil",...)
    • Tab type: Neste exemplo escolleuse "Nodo", pero poderíase escoller calquera dos outros tipos. A mecánica é a mesma.
    • Tab content: Dependendo do que se escolla en "Tab type", poderanse escoller os bloques, as vistas, os quicktabs xa creados ou, como no presente exemplo, poñer o id do nodo que se queira amosar nesta lapela.

Creación dun quicktab

    • Así pódense engadir todas as lapelas que se precisen ("blog primaria", "blog tecnoloxía"...) premendo en Add Tab 
    • Gardar.

O resultado dos pasos anteriores para o exemplo sería o seguinte:

pestanas

  • Finalmente, só resta situar o bloque creado automaticamente na rexión correspondente (Administrar » Construción do sitio » Bloques).

Na seguinte imaxe poden apreciarse as tres opcións (blog infantil, primaria e tecnoloxía), cada unha coa súa propia imaxe. Premendo sobre cada unha delas, accederase ao blog correspondente.

A TER EN CONTA:

Como calquera outro bloque en Drupal, para o bloque xerado automaticamente polo módulo QuickTabs:

  • Será precisa a súa activación na plantilla escollida para a súa visualización.
  • Se se desexa que o bloque se amose unicamente en contidos concretos, poderíase editar e na opción de Configuración da visibilidade por páxina, marcar "Amosar só nas páxinas listadas" e no cadro Páxinas poñer para cada un dos contidos node/identificador-do-nodo . Gardar o bloque. Deste xeito, o bloque só se amosará ao acceder a ditos contidos.

As restantes opcións dispoñibles cando se crea un QuickTab (Bloque, View, e Qtab -QuickTab-) funcionan de xeito semellante.

Última modificación: Luns, 24 de Abril do 2017, 19:36