Traducir un contido de Drupal a diferentes idiomas

O módulo Content Translation do Núcleo-Opcional de Drupal pemite a tradución dun contido a diferentes idiomas.

A continuación explicarase o seu funcionamento:

ACTIVACIÓN DO MÓDULO CONTENT TRANSLATION

  • Administar > Construción do sitio > Módulos

Activación

ASIGNACIÓN DE PERMISOS AOS DIFERENTES ROLES

  • Administar > Xestión de usuarios > Permisos
  • A seguinte imaxe amosa a posibilidade de tradución dos contidos aos roles administrador e profesorado

Permisos

HABILITACIÓN DA TRADUCIÓN PARA OS DIFERENTES TIPOS DE CONTIDO

  • Administrar > Administración do contido > Tipos de contido
  • Seleccionar un tipo de contido (por exemplo, tipo páxina) e "Editar".
  • Nas "Opcións de fluxo", "Soporte para múltiples idiomas", seleccionar "Activado, con traducción".

Opcións de fluxo

  • Gardar o tipo de contido 

CREACIÓN / EDICIÓN DUN CONTIDO. SELECCIÓN DO IDIOMA

  • Crear / editar un contido tipo páxina. Aparecerá de xeito adicional a opción "Idioma". Seleccionar galego. 

Idioma

  • A seguinte imaxe amosa o resultado de crear un contido de tipo páxina co título "Probas multilinguaxe" e corpo "Este é un exemplo de proba multilinguaxe". Observar que aparece unha nova lapela denominada "Traducir".

Lapela traducir

TRADUCIÓN DO CONTIDO AOS DIFERENTES IDIOMAS DA PLATAFORMA

  • Facer click na lapela "Traducir" para incorporar a tradución aos diferentes idiomas habilitados na plataforma. Para cada idioma, "Engadir traducción". 

traducindo

  • A efectos prácticos, o módulo Content Translation crea un contido diferente para cada idioma (título e corpo). Este aspecto pode comprobarse de xeito sinxelo na ruta Administrar > Administración do contido > Contido.

    Contidos idioma

  • OLLO: Ao tratarse de nodos distintos en cada idioma, haberá que especificar para cada un deles os termos dos vocabularios de taxonomía onde serán publicados.

VISUALIZACIÓN DO RESULTADO

Resultado

  • Premendo sobre "Galego" ou "Español" accederase á versión nos idiomas indicados.

CONFIGURACIÓN DOS IDIOMAS DO SITIO WEB

  • Administrar > Configuración do sitio > Idiomas.
  • Na lapela Configurar, Negociación de idioma, seleccionar Só prefixo da ruta.

só prefixo da ruta

  • Na Lista de idiomas, editar o idioma inglés e engadir en Prefixo da ruta o prefixo "en".

prefixo inglés

ENGADINDO NOVOS IDIOMAS AO SITIO WEB

  • Administrar > Configuración do sitio > Idiomas  
  • Engadir un idioma.

engadir idioma

  • A seguinte imaxe amosa o resultado despois de habilitar o idioma francés.

Novos idiomas

  • Cada vez que se engade un idioma pódese descargar un ficheiro ".po" coas traducións do sistema directamente da web de drupal: https://localize.drupal.org/translate/languages/. Selecciónase o idioma e a versión de Drupal correspondente para a tradución. (No proxecto Webs Dinámicas, actualmente é a versión 6.38).
  • Na ruta Administrar > Configuración do sitio > Traducir interface, seleccionar o ficheiro .po descargado anteriormente.

po francés 

  • Xa estará dispoñible a posibilidade de tradución ao novo idioma.

novo idioma

 

Última modificación: Luns, 17 de Abril do 2017, 09:50