Definición do formulario web

A creación dun formulario web implica internamente a definición dunha serie de campos na base de datos de Drupal, de xeito que cada envío que se faga no formulario será un rexistro na base de datos.

Unha vez configurados todos os permisos de xeito axeitado para crear un formulario web:

  • Crear contido Tipo Webform, especificando os valores habituais para o título e o corpo como no resto dos contidos.

crear webform1

  • Na seguinte ventá especificaranse os compoñentes que formarán parte do formulario. Estes elementos son os campos típicos dunha base de datos. (Xa vimos nun apartado anterior a posibilidade de habilitar ou deshabilitar campos na ruta Administrar > Configuración do sitio > Webform settings)

crear webform2

  • Engadiranse os diferentes campos especificando un nome (etiqueta), tipo (texto, data, numérico, etc) e se é obrigatorio ou non (Mandatory). A seguinte ventá amosa o que acontece ao engadir un campo de tipo Texto (TextField) co nome "Apelidos e nome" especificado como obrigatorio. Obsérvase que aparecen algunhas das opcións especificadas no paso anterior xunto con outras posibilidades. Destácanse especialmente:
    • Valor predefinido: valor que aparecerá por defecto para este campo.
    • Unique: se non queremos que existan valores duplicados para este campo.
    • Maxlengh: Lonxitude máxima do campo en caracteres. Ten que ver co espazo de almacenamento do campo na base de datos.

crear webform3

  • Engádense dous campos a maiores:
    • Un de tipo "Data", onde é posible especificar o rango de datas a introducir desde a data actual
    • Un de tipo "Select Option", onde se especifican tres valores: Si, Non, Indiferente, coa opción predefinida "Si".

crear webform4

  • Pódense engadir outros tipos de campos como ficheiros, de tipo numérico, etc. O resultado final do cuestionario sería o seguinte:

crear webform5

  • É posible cambiar a orde dos campos introducidos simplemente arrastrando á nova ubicación a icona coas frechas situadas á esquerda da etiqueta.
Última modificación: Venres, 17 de Febreiro do 2017, 18:11