Configuracións iniciais para formularios web (para administradores)

O módulo webform permite crear formularios web (cuestionarios) accesibles aos usuarios do sitio web para recopilar unha determinada información. Unicamente terán acceso aos resultados dos envíos os usuarios cos privilexios adecuados que poderán, entre outras cousas, ver estatísticas sobre os envíos realizados ou descargar os datos en diferentes formatos para o seu posterior tratamento.

Configuracións iniciais a realizar por un usuario administrador:

  • Activación do módulo webform na ruta: Administrar > Construción da páxina > Módulos  (comprobar se o módulo webform está activado).

módulo webform

  • Habilitar os permisos para os diferentes roles na ruta Administrar > Xestión de usuarios > Permisos (módulo node). Estes permisos son os seguintes:
    • Create webform content: permite crear formularios web.
    • Delete any webform content: permite borrar calquera formulario na plataforma con independencia do usuario que o creou.
    • Delete own webform content: permite borrar o formulario unicamente ao usuario que o creou.
    • Edit any webform content: permite editar calquera formulario web realizado por calquera usuario.
    • Edit own webform content: permite unicamente editar os formularios web creados polo propio usuario.

Con carácter xeral marcaremos:

    • Para o rol administrador todas as opcións.
    • Para o rol profesorado: "create webform content", "delete own webform content" e "edit own webform content".
  • Habilitar os permisos concretos para o módulo webform na ruta Administrar > Xestión de usuarios > Permisos (módulo webform). Estes permisos son os seguintes:
    • Access all webform results: permite acceder aos resultados dos envíos efectuados polo resto dos usuarios en todos os formularios do sitio.
    • Access own webform results: permite acceder unicamente aos resultados dos envíos efectuados polos demais usuarios nos formularios propios.
    • Access own webform submissions: permite acceder aos envíos realizados por nós en formularios web como usuarios da plataforma .  
    • Delete all webform submissions: permite borrar os envíos de calquera formulario web da plataforma.  
    • Delete own webform submissions: permite borrar os envíos unicamente nos formularios propios da plataforma
    • Edit all webform submissions:   permite editar os envíos de calquera formulario web da plataforma.  
    • Edit own webform submissions: permite editar os envíos unicamente nos formularios propios da plataforma

Con carácter xeral marcaremos:

    • Para o rol administrador todas as opcións.
    • Para o rol profesorado: Unicamente as opcións dos seus propios formularios (ver imaxe)

permisos-webform

Ademais de todo o anterior, pódense especificar opcións concretas para configurar os formularios na  Ruta: Administrar > Configuración do sitio > Webform settings

  • Webform-enabled content types: Permite activar ou desactivar os campos (elementos) que poden ser empregados polos creadores do formulario
  • Default e-mail values: Configura as opcións por defecto dos correos enviados cando os usuarios cubren os formularios. Estes valores pódense modificar para cada formulario.
  • Opcións avanzadas: Recoméndase non modificar as opcións por defecto.

webformsettings

Última modificación: Xoves, 23 de Febreiro do 2017, 10:05