Inserir un arquivo de vídeo mp4

Neste apartado explicarase como inserir nun contido un arquivo de vídeo mp4, formato de vídeo de uso moi extendido na web na actualidade. De feito, moitos dispositivos móbiles (smartphones, tablets) xa almacenan directamente os vídeos neste formato, sen necesidade de conversión.

Se ben existen varios xeitos de facelo, o método recomendado é mediante o emprego das etiquetas <video ...> </video> de HTML 5. O navegador interpretará estas etiquetas e amosará un reproductor de video na nosa páxina cos controis correspondentes.

O xeito de facelo sería o seguinte:

  • Engadir o ficheiro mp4 de vídeo como ficheiro adxunto ao noso contido.
  • Copiar no portapapeis a ruta URL do arquivo unha vez subido ao noso sitio web.
  • Desactivar o texto enriquecido e pegar o seguinte código, substituíndo o texto en vermello "PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR" pola ruta URL do paso anterior:

<div align="center"><video width="320" height="240" controls="true"> <source type="video/mp4" src="PEGAR-A-RUTA-ANTERIOR"></source> O teu navegador non soporta este vídeo. </video></div>

  • Modificar o tamaño do reproductor de vídeo establecendo os valores desexados para width (anchura) e height (altura) en píxeles.
  • Gardar os cambios

Podes ver un exemplo a continuación de como quedaría.

<div align="center"><video width="320" height="240" controls="true"> <source type="video/mp4" src="http://www.edu.xunta.gal/centros/zonapontevedrad6/aulavirtual2/file.php/3/MP4-Insensatez._Tom_Jobim.mp4"></source> O teu navegador non soporta este vídeo. </video></div>

Última modificación: Martes, 14 de Febreiro do 2017, 12:04