Crear e Administrar os blogs en Drupal 6

6 Creación dun contido de tipo páxina para o blog. Etiquetado do contido

Iniciar sesión cun usuario pertencente ao rol "autor de blog". Neste exemplo crearanse dúas entradas no blog de infantil.

  • Crear un primeiro contido de tipo páxina:
    • Engadir o título: "1ª entrada do blog de infantil"
    • Vocabulario: Blogs do centro, seleccionar "Blog de infantil".
    • Observar que agora existe un novo campo denominado "Etiquetas dos blogs", que permitirá o etiquetado libre dos contidos da nosa entrada. As etiquetas definidas así polo usuario permitirán con posterioridade localizar todas as entradas do blog coa mesma etiqueta.
      • Introducir as seguintes etiquetas separadas por comas: "infantil, magosto". (NOTA: As etiquetas poden incluír espazos en branco).
    • No corpo do documento: "Texto para a 1ª entrada do blog de infantil".

crear contido paxina no blog

    • Gardar.
  • Repetir o proceso anterior creando unha segunda entrada (contido de tipo páxina) para o blog de infantil:
    • Engadir o título: "2ª entrada do blog de infantil"
    • Vocabulario: Blogs do centro, seleccionar "Blog de infantil".
    • En "Etiquetas dos blogs", introducir as seguintes etiquetas separadas por comas: "infantil, entroido".
    • No corpo do documento: "Texto para a 2ª entrada do blog de infantil".
  • Observar como se van actualizando os bloques anteriores: "Contido popular", "Latest Articles" e "Tags in etiquetas dos blogs". A seguinte imaxe amosa o bloque "Tags in etiquetas dos blogs", no que se pode apreciar como as etiquetas máis populares (infantil) aparecen cun tamaño maior (magosto, entroido).

tags in etiquetas dos blogs

  • Facendo click sobre unha etiqueta en concreto accederase a todos os contidos etiquetados coa devandita etiqueta.