Crear e Administrar os blogs en Drupal 6

2 Crear e configurar o rol "autor de blog"

A colaboración e entendemento entre o administrador e os autores de blog é imprescindible para o funcionamento dos blogs en Drupal.

Na configuración inicial da Web Dinámica dos centros incorpóranse dous roles cunha asignación de permisos diferente: administrador e profesorado.

Dependendo do uso que os profesores e profesoras do centro fagan da web mediante o rol “profesorado”, poderá ser recomendable ou non crear un rol diferente para a publicación nos blogs que se creen no centro. Esta decisión corresponde ao administrador do sitio web do centro.

Na exposición que segue, optouse pola creación dun novo rol denominado “autor de blog”. (Outra opción podería ser modificar o rol profesorado cos permisos que se expoñen de seguido).

Estes permisos son orientativos, podéndose restrinxir ou ampliar.

  • Ruta: Administrar » Xestión de usuarios/as » Duplicate Rolduplicar rol

  • Seleccionar o rol xa existente que queremos duplicar, neste caso "profesorado" e no nome "New role" poñer o nome do novo rol. Premer en "Create new role"

    duplicar rol rolprofe
  • Ver rol engadido na lista, premer sobre o botón "editar permisos" correspondente:rol engadido

  • Dar os permisos oportunos ao novo rol "autor de blog":
      • No módulo block marcar "administrar bloques" se se desexa que cada usuario autor de blog poida establecer a súa propia configuración de bloques. No caso contrario, debería ser o administrador quen o faga.
        • Sobre o permiso de administrar bloques para os autores de blogs: Os únicos bloques que poden modificar e/ou eliminar os autores de blog son os feitos por calquera usuario e que non están vinculados a ningún menú taxonomizado. É certo que os autores de blog poderían desactivar os bloques que Drupal xera automáticamente con cada menú, pero seguirían estando aí e o administrador podería reactivalos facilmente e colocalos de novo no seu sitio.
        • Para evitar que usuarios non expertos poidan provocar modificacións no aspecto da web, recoméndase que sexa o propio administrador quen faga a distribución de bloques para cada tema ou plantilla.
      • No módulo blog marcar "crear entradas no blog", "eliminar as miñas entradas no blogue recentes" e "editar as miñas entradas no blogue".
      • No módulo comment marcar todas as opcións agás "publicar comentarios sen aprobación".
      • No módulo node marcar os permisos dos tipos de contido que queiramos que se publiquen no blog. (No noso caso, deixar só "Create page content", "Delete own page content" e "Edit own page content").
      • No módulo notify dar permisos para "access notify". Unha vez habilitado, cada usuario poderá configurar as notificacións en A miña conta > Notification settings.
      • No módulo system, activar o permiso "Acceder ás páxinas de administración" para o rol "autor de blog" (unicamente poderán administrar aqueles aspectos para os que teñan outorgados os permisos correspondentes: comentarios e bloques -se se marcou anteriormente-).

permisos do rol autor do blog

  • Unha vez marcadas as opcións premer sobre "Gardar permisos" para gardar os cambios feitos.