Crear e Administrar os blogs en Drupal 6

4 URLs limpas e amigables

Por que utilizar URL limpas e amigables?

  • Para facilitar o traballo dos motores de busca (como Google).
  • Para facilitar a consulta e o mantemento dos contidos polos usuarios do sitio web. (As URLs amigables son máis doadas de lembrar.)

Consellos sobre a elección dos alias de URL

  1. Brevidade (para aumentar a facilidade de uso),

  2. Empregar guións en lugar de guións baixos (para que teña posibilidades de clasificación o máis altas posibles nos motores de procura),

  3. Empregar letras minúsculas en lugar de maiúsculas (para evitar situacións de conflitos entre repeticións de maiúsculas e minúsculas)

  4. Empregar alias de url sinxelas de lembrar e entender para o usuario da web.

Módulo Path: URLs amigables en Webs Dinámicas (alias de URL)

As URL amigables ou alias de URL consíguense en Drupal empregando o módulo Path, incluído no grupo Núcleo-opcional de Drupal.

Como administrador:

  1. Comprobar se o módulo está activo na ruta Administrar » Construción do sitio » Módulos e se é necesario activalo (non precisa de configuración).modulo path
  2. No capítulo 2 xa se configuraron os permisos para o rol "autor de blog". Dado  que este rol foi creado como un duplicado do rol profesorado, xa ten activado o permiso de "crear alias de URL" no módulo Path. Deste xeito, poderán crear os alias dos contidos que publiquen ao mesmo tempo que os crean.

Creación de alias amigables para os blogs

Os alias dos contidos (nodos) serán creados polos usuarios a medida que os publiquen, pero hai unha serie de alias que deben ser dados de alta polo administrador. Estes alias están vinculados non a un único contido senón a todos os contidos dun blog (lembrar que no noso caso, un blog é un termo da taxonomía "Blogs do centro").

Establecerase unha URL personalizada para cada blog xerado do tipo: http://www.edu.xunta.gal/centros/nome-do-centro/nome-do-blog

  • Crear un Alias de URL para cada blog na ruta Administrar » Construción do sitio » Alias de URL:
    • En "Ruta existente no sistema" engadir: taxonomy/term/xx, onde xx é o número que identifica cada termo (blog no noso caso).
    • En "Alias de ruta" engadir: nome-do-blog
    • Facer click en "Crear un novo alias".

Engadir alias de URLPara saber cal é o número do termo poñemos o cursor enriba do termo (na lista de termos da taxonomía). Na parte inferior da nosa pantalla amosarase a ruta como se pode apreciar na seguinte imaxe:

ID dun termo

Creación de alias de URL para un contido (nodo)

  1. Na creación/modificación dun contido, na opción Axustes de ruta URL escribir o enderezo desexado como URL do contido (ver imaxe).  alias url
  2. Finalmente premer sobre "Gardar" para publicar o contido.