Crear e Administrar os blogs en Drupal 6

1 Activación e configuración dos módulos necesarios

Activación dos módulos necesarios.

  • Activar os seguintes módulos na ruta Administrar » Construción do sitio » Módulos:
    • No grupo Núcleo-opcional:
      • Statistics: Rexistra estatísticas de acceso ao sitio web.
      • Tracker: Habilita o rastrexo de contido recente para usuarios.

Módulos grupo Núcleo-opcional

    • No grupo Correo-e:
      • Notify: Habilita as notificacións por email de novo contido e comentarios.

Módulo Notify

    • No grupo Outro:
      • Article: Crea unha entrada "Articles" no menú navegación e un bloque "Últimos artigos" ("Latest Articles").
      • Tag Tool: Este módulo permite ao administrador xestionar o modo en que se presentarán etiquetas suxeridas aos autores de blog en cada entrada ou artigo que creen. Permite a posibilidade de crear tags pre-definidos polo administrador ou escoller se os tags que se suxerirán ao usuario son os empregados recentemente ou por coincidencia de caracteres. En calquera caso o autor do blog sempre poderá crear os seus propios tags independentemente das etiquetas suxeridas.

Módulos grupo Outro

    • No grupo Taxonomía:
      • Tagadelic: Permite crear nubes de etiquetas de termos de taxonomía. Unha vez activado crearanse de xeito automático bloques (inicialmente desactivados) denominados "Tags in nome-do-vocabulario".

Módulos grupo ´Taxonomía

    • No grupo Themekey:
      • Themekey: Permite cambiar os temas ou plantillas (aspecto visual da web) en función de regras.

Módulos grupo Themekey

    • No grupo Vistas:
      • Tagadelic Views: Engade a vista de etiquetas ao módulo Views.

Módulos grupo Vistas

  • Dar permisos ao rol administrador para os módulos anteriores na ruta  Administrar » Xestión de usuarios/as » Permisos.

Configuración dos módulos

Os seguintes módulos requiren unha pequena configuración despois de activalos:

  • Article na ruta Administrar » Configuración do sitio » Article: Permite modificar os nomes dos campos Overview Title ("Articles"), Categories Title ("Article Categories") e Box Title ("Latest Articles") (1), especificar o número de artigos a mostrar (2) e especificar de que taxonomías (poden ser varias) se amosarán os últimos artigos (3).

Configuración de Articles

Este módulo crea unha entrada no menú navegación chamada "Articles" e un bloque chamado "Latest Articles": 

    • No caso da entrada do menú, levará a unha listaxe de todos os contidos publicados na taxonomía ou taxonomías escollidas como se ve na imaxe seguinte. Pódese cambiar o seu nome editando a entrada "Articles" do menú Navegación (navigation).

Páxina Articles

    • No caso do bloque, poderase especificar o número de artigos a amosar no bloque. Tamén é posible cambiar o título visible do bloque en "Block title"

Configuración Bloque Articles

  • Tagadelic na ruta Administrar » Configuración do sitio » Configuración de Tagadelic, recomendase a seguinte configuración:
    • Ordeación: Aleatoria (determina a orde das etiquetas)
    • Nº etiquetas por páxina: 20 (cantidade de etiquetas que se amosarán na nube de tags)
    • Nº de niveis: 5 (diferenza de tamaño de visualización entre as etiquetas máis populares e as menos populares).

Configuración de Tagadelic

  • Statistics na ruta Administrar » Informes » Axustes do rexistro de acceso:
    • Activar o rexistro de acceso e o contador de visitas ao contido. Cambiar o nº de días para desbotar os rexistros de acceso anteriores ao nº que consideremos. Gardar a configuración.

Configuración de Axustes do rexistro de acceso

    • Na ruta Administrar » Construción do sitio » Bloques configurar o bloque xerado automaticamente chamado "Contido popular" para especificar o número de visitas a amosar do día, totais ou máis recentes. (Este bloque amosa estatísticas de acceso relativas ao noso sitio, non especificamente a un determinado blog). En xeral, non é recomendable especificar un número excesivo de entradas. Aconséllase 5 aínda que esto evidentemente dependerá do criterio do administrador.

Configuración Bloque Contido popular

  • Tracker Non require configuración adicional. Simplemente crea unha entrada no menú de navegación denominada "Entradas recentes", onde é posible ver "Todas as entradas recentes" ou "As miñas entradas recentes".

Entradas recentes