Skip to Content

Novas Proxecto

Activación do módulo Rexistro de contadores en Drupal

Mér, 04/04/2018 - 14:07

Instalouse no Drupal 6 de Webs Dinámicas unha nova versión (1.4) do módulo "AMTEGA - Webs Dinamicas: Rexistro de contadores".

Este módulo ten definidos unha serie de contadores sobre os rexistros da base de datos e uns umbrais absolutos e relativos para cada contador. Con cada execución do cron (diaria de xeito automático) actualízanse estes contadores e se algún ten un incremento respecto do seu valor anterior que supere algún dos seus umbrais, o módulo envía un correo a websdinamicas@edu.xunta.es avisando desa circunstancia.

Os contadores que ten definidos este módulo son os seguintes:

ContadorUmbral absolutoUmbral relativoUsuarios na Aula Virtual Moodle con autenticación por correo electrónico 2510%Usuarios na Web Drupal 2510%Comentarios anónimos na Web Drupal 2510%Contidos na Web Drupal 2510%Usuarios na Galería Coppermine 2510%Comentarios na Galería Coppermine 2510%

O obxectivo deste módulo é detectar o antes posible a creación masiva por parte de robots de internet das entidades correspondentes a eses contadores.

No día de hoxe (4/4/2018) vaise activar este módulo en tódolos sitios do proxecto Webs Dinámicas.

Categorías: Novas


by Dr. Radut