Novas

Convocatoria dun curso de patrón/patroa costeiro/a polivalente sección ponte

Publicado o 20 de marzo de 2018

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo convoca e procede á apertura do prazo de matrícula para un curso de patrón/patroa costeiro polivalente sección ponte.

 

Ábrese o prazo de inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio

Publicado o 12 de marzo de 2018

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Aberto o prazo de matrícula para un curso de percebeiro/a

Publicado o 7 de marzo de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de PERCEBEIRO/A que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 9 ao 20 de abril en horario de 9.15 a 13.45 horas.

 

Convocatoria dun curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación

Publicado o 23 de febreiro de 2018

A Resolución do 22 de febreiro de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Ábrese o prazo de inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior

Publicado o 8 de febreiro de 2018

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 8 ao 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

Charla: "Científicas a bordo"

Publicado o 7 de febreiro de 2018

 

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo súmase á celebración do 11 de febreiro, declarado polas Nacións Unidas "Día Internacional da muller e a nena na ciencia".

Aberto o prazo de matrícula para o curso de Aumento de atribucións de mecánico/a maior naval

Publicado o 5 de febreiro de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de AUMENTO DE ATRIBUCIÓNS DE MECÁNICO/A MAIOR NAVAL que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 3 de abril ao 16 de maio.

 

Distribuir contido