Oferta de director/a de frota

Publicado o 21 de febreiro de 2019

Unha empresa pesqueira de Vigo busca director de frota para unha das súas filiais no estranxeiro, o cal dependerá da Dirección Xeral en España ou do director de frota do grupo.

Búscase principalmente unha persoa profesional de ponte con experiencia como patrón/patroa de pesca ou oficial de ponte. Valorarase tamén a profesionais que con titulación de ponte non teña experiencia. Neste caso recibirá un período de formación por parte da empresa.

As persoas interesadas deberán contactar no teléfono 986 213 200 ou enviar o CV á dirección de correo electrónico nela@vieirasa.es (Nela Conde).