Convocatoria de exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer

Publicado o 18 de febreiro de 2019

A Resolución do 8 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia establece as condicións que teñen que cumprir as escolas de navegación de lecer da Comunidade Autónoma de Galicia para acceder ás probas extraordinarias teóricas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

 

CONVOCATORIAS. En base a dita resolución establécense tres convocatorias ordinarias.

- Convocatoria de abril de 2019.

Matrícula: do 20 de febreiro ao 6 de marzo de 2019, ambos incluídos.

- Convocatoria de xullo de 2019.

Matrícula: do 27 de maio ao 10 de xuño de 2019, ambos incluídos.

- Convocatoria de decembro de 2019.

Matrícula: 28 de outubro ao 11 de novembro de 2019, ambos incluídos.

 

DOCUMENTACIÓN. As escolas de navegación de lecer homologadas para poder presentar o seu alumnado aos exames teóricos achegarán a seguinte documentación por vía telemática:

 

PATRÓN/PATROA PARA NAVEGACIÓN BÁSICA

* Solicitude da escola de lecer dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame (Procedemento PE616D).

* Modelo de solicitude do/da alumno/a na escola de navegación de lecer.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade, no momento de realización das probas.

 

PATRÓN/PATROA DE EMBARCACIÓNS DE LECER

* Solicitude da escola de lecer dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame (Procedemento PE616D).

* Modelo de solicitude do/da alumno/a na escola de navegación de lecer.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico e complementario do xa superado para obter o título de patrón para navegación básica.

 

PATRÓN/PATROA DE IATE

* Solicitude da escola de lecer dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame (Procedemento PE616D).

* Modelo de solicitude do/da alumno/a na escola de navegación de lecer.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

CAPITÁN/Á DE IATE

* Solicitude da escola de lecer dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame (Procedemento PE616D).

* Modelo de solicitude do/da alumno/a na escola de navegación de lecer.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

TAXAS

Exames teóricos

Patrón/patroa para navegación básica

30,53 €

Patrón/patroa de embarcacións de lecer  

39,30 €

Patrón/patroa de iate

55,06 €

Capitán/capitá de iate

66,81 €

Patrón/patroa de moto náutica A ou B

29,18 €

 

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Exame teórico para a obtención da titulación para o goberno de embarcacións de lecer   Código: 302101
 Obxecto de pago  O nome da proba que realiza 
 Datos de pago  O importe que corresponda

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

DATAS E LUGARES DE EXAME. As datas dos exames teóricos así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados na Resolución do 8 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

As horas dos exames serán anunciadas no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios de cada centro de ensino.