Aberto o prazo de matrícula para as probas libres de capitán/á de pesca

Publicado o 8 de xaneiro de 2019

Ábrese o prazo de matrícula para as probas libres de capitán/á de pesca que terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 04.02.2019 ao 08.02.2019.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 08.01.2019 ao 25.01.2019, ambos inclusive.

 

DOCUMENTACIÓN. As persoas candidatas deben achegar a seguinte documentación para poder presentarse aos exames:

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada. Descargue a solicitude AQUÍ.

* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

* Copia compulsada da tarxeta de patrón/oa de pesca de altura.

* Certificado de materias aprobadas, de ser o caso.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Exame capitán/á de pesca curso completo ou Exame capitán/á de pesca por materias (Segundo corresponda) 
 Datos de pago

 * Curso completo: 123,17 €

 * Por materia: 35,92 € x núm. de materias

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

DATAS E LUGARES DE EXAME. Prema na seguinte imaxe para ver as datas e os horarios dos exames.