Aberto o prazo de matrícula para un curso de percebeiro/a

Publicado o 24 de outubro de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de percebeiro/a que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 19.11.2018 ao 30.11.2018 en horario de 9.15 a 13.45 horas.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para o acceso ao curso de percebeiro/a, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:

- Ter feitos os dezaseis anos de idade.

- Ter rematada a escolarización obrigatoria.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de percebeiro/a achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Fotocopia compulsada do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia compulsada do certificado de estudos acreditativo de ter rematada a escolarización obrigatoria.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

 

 

Consulte as condicións do curso na seguinte imaxe:

 

Máis información nos teléfonos 886 110 825 e 886 110 826, ou no correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es