Emprendemento: creación dunha empresa

OBXECTIVO XERAL

Adquirir conciencia de que para iniciar unha actividade empresarial, e tentar de asegurar un certo éxito, é necesario ter uns coñecementos previos acerca do entorno, o mercado, a financiación, etc; non basta con ter unha boa idea de negocio. Diríxese tanto á adquisición das competencias básicas para estes estudos previos á implantación, como aos trámites xurídicos e administrativos para a súa posta en funcionamento.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

- Coñecer e familiarizarse coas técnicas e os criterios para materializar a idea emprendedora con certo coñecemento e máis seguridade de cara ao seu éxito.

- Análise técnico das fortalezas e debilidades do proxecto de empresa.

- Analizar a forma xurídica mais conveniente para a empresa que queremos poner en marcha.

- Coñecemento e implicacións para a empresa da responsabilidade social corporativa e da ética empresarial. Concienciación acerca da súa importancia, e beneficios para a sociedade, e para a propia empresa.

- Trámites para constituir unha empresa.

- Nocións básicas de dirección e xestión da empresa.

- Nocións básicas de xestión laboral e fiscal.

- Análise dos modos de financiación, e identificación dos principais documentos mercantís.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para o acceso ao curso de Emprendemento, o alumnado deberá ter o certificado de mariscador/a ou percebeiro/a ou certificado de mariscador/a a mergullo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de Emprendemento: creación dunha empresa achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. 

- Fotocopia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia compulsada do certificado de mariscador/a ou percebeiro/a ou certificado de mariscador/a a mergullo.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ás clases é obrigatoria. Nas actividades formativas levarase un control de asistencia.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Nesta valoración terase moi presente a capacidade de incorporación do/a alumno/a ás dinámicas de traballo, de comunicación e de pautas de interrelación.

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

Módulo I. A iniciativa emprendedora.

- O espíritu emprendedor e a idea emprendedora.

- Diferencias entre o traballo por conta allea e por conta propia: o risco e ventura.

- Características das persoas emprendedoras.

Módulo II. O entorno e o mercado.

- O entorno xeral e específico.

- Entornos sencillos e cambiantes.

- A análise D.A.F.O.

- Concepto e tipos de mercado.

- A segmentación do mercado.

- O estudio de mercado.

Módulo III. A imaxe da empresa e promoción do produto: o marketing

- Cultura empresarial e imaxe corporativa.

- O marketing.

- As estratexias de posicionamento: calidade e prezo.

- Principais ferramentas de marketing: o produto, o prezo, a promoción, a distribución e a atención á clientela.

Módulo IV. Ética empresarial e responsabilidade social corporativa

Módulo V. Recursos humanos

- Dirección e liderazgo.

- A motivación laboral.

- Organización da empresa.

- Obrigas laborais da empresa.

Módulo VI. As formas xurídicas da empresa

- Formas xurídicas da empresa: persoa física (autónomo), persoa xurídica (as sociedades), e figuras sen persoalidade xurídica propia (as comunidades de bens).

- As sociedades persoalistas.

- As sociedades de capital.

- As sociedades laborais.

 - As cooperativas.

Módulo VII. O plan de producción

- O plan de producción.

- O aprovisionamento.

- Os custes.

Módulo VIII.Xestión contable, administrativa e fiscal

- A financiación da empresa: fontes propias, fontes alleas e as axudas e subvencións públicas.

- O balance de situación: o activo, o pasivo e o patrimonio neto.

- A conta de resultados ou de perdas e ganancias.

- Documentos relacionados coa actividade empresarial: o pedido, o albará, a factura, o recibo, o cheque, o pagaré e a letra de cambio.

- Os impostos: obrigas fiscais e tributarias iniciais, periódicas e eventuais.

Módulo IX. O proceso de constitución da empresaESA

- Trámites comúns a todas as empresas.

- Trámites específicos para o caso de persoas xurídicas.

 

O curso terá unha duración de trinta horas lectivas a razón de vinta sesións a primeira semana, distribuidas de luns a venres en horario de 9.15 a 13.45 horas, e a seguinte semana, luns e martes co mesmo horario e mércores en horario de 9.15 a 11.15 horas.