Convocatoria de 20 cursos de aprendizaxe permanente en acuicultura

Publicado o 2 de agosto de 2018

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca 20 de cursos de aprendizaxe permanente en acuicultura no ano 2018 cunha duración de 6 horas e realizaranse nos lugares e datas que se relacionan a continuación (Prema na seguinte imaxe):

[Relación de cursos]

Se nalgunha das zonas previstas na táboa anterior non se acadase a demanda suficiente, poderase anular a realización do curso e incrementar o número de cursos noutra(s) zona(s) onde si exista o alumnado suficiente para as prazas convocadas. Tamén dependendo da demanda se poderán facer cambios na tipoloxía dos cursos.

A documentación que deberá presentarse para asistir os cursos é a seguinte:

  • Solicitude Anexo I
  • Fotocopia do NIF/NIE
  • Fotocopia da alta e último recibo para as persoas autónomas, certificado de empresa para os/as traballadores/as por conta allea, ou calquera outro documento que acredite a súa condición de profesional da acuicultura.
  • Para os/as conxuxes ou parellas de feito dos/as traballadores/as autónomos/as, ademais de acreditar a condición de autónomo/a da súa parella ou conxuxe, deberán presentar o libro de familia ou documento que acredite a relación de parella dunha persoa profesional acuícola.

O prazo de matrícula empezará o día seguinte a publicación desta resolución no portal web da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal e rematará 10 días antes do inicio de cada curso.

A relación de admitidos/as os diferentes cursos será a establecida en función da data de rexistro da matrícula.

A persoas interesadas poderán adiantar, nos prazos de matrícula, unha copia da solicitude presentada e rexistrada, ao correo electrónico ensino.mar@xunta.es

Non recibirán certificado de asistencia aquelas persoas que no momento do inicio do curso non teñan completada a entrega de toda a documentación requerida.