Aberto o prazo de matrícula para un curso de habilidades sociais

Publicado o 29 de maio de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de HABILIDADES SOCIAIS que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 4 ao 13 de xuño en horario de 9.15 a 13.45 horas.

Os/as interesados/as que desexen participar no mesmo deberán presentar:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Fotocopia compulsada do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia compulsada do certificado de mariscador/a ou percebeiro/a ou certificado de mariscador/a a mergullo.

Se ás persoas interesadas non lles é posible entregar os documentos esixidos no centro, deberán enviar unha copia escaneada dos mesmos ao correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es. Unha vez recibida o correo, responderase confirmado a súa inscrición. Neste caso, deberán presentar os documentos orixinais o primeiro día de curso sen falla, senón non poderá empezar o mesmo.

Máis información nos teléfonos 886 110 825 e 886 110 826, ou no correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es