Convocatoria aberta para os exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia

Publicado o 28 de maio de 2018

A Resolución de 18 de abril de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia establece as condicións que teñen que cumprir as escolas de navegación de lecer da Comunidade Autónoma de Galicia para acceder as probas extraordinarias teóricas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

En base a dita resolución ábrese o prazo de matrícula para a convocatoria de xullo de 2018.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 28 de maio ata o 15 de xuño de 2018, ambos inclusive.

 

DOCUMENTACIÓN. As escolas de navegación de lecer, para poder presentar o seu alumnado aos exames teóricos, achegarán a seguinte documentación:

 

PATRÓN/PATROA PARA NAVEGACIÓN BÁSICA

* Solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I da resolución. As escolas de navegación de lecer deberán achegar tamén cumprimentado o anexo II por cada alumno/a que se presente.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame (30,04 euros).

* Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade, no momento de realización das probas.

 

PATRÓN/PATROA DE EMBARCACIÓNS DE LECER

* Solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I da resolución. As escolas de navegación de lecer deberán achegar tamén cumprimentado o anexo II por cada alumno/a que se presente.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame (38,67 euros).

* Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico e complementario do xa superado para obter o título de patrón para navegación básica.

 

PATRÓN/PATROA DE IATE

* Solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queira realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I da resolución. As escolas de navegación de lecer deberán achegar tamén cumprimentado o anexo II por cada alumno/a que se presente.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame (54,18 euros).

* Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Exame teórico para a obtención da titulación para o goberno de embarcacións de lecer   Código: 302101
 Obxecto de pago  O nome da proba que realiza 
 Datos de pago  O importe que corresponda

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

DATAS E LUGARES DE EXAME. As datas dos exames teóricos así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados na Resolución de 18 de abril de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

NOTA: Para que poida realizarse a convocatoria extraordinaria nun centro de ensino será necesario reunir un mínimo de 15 persoas inscritas para as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer e patrón/patroa para navegación básica e 10 para patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate. Se o centro de ensino non acadase o número mínimo requirido non poderá realizar o exame. Neste caso, os alumnos/as deberán presentarse no lugar
indicado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

As horas dos exames serán anunciadas no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios de cada centro de ensino.