Xornadas de portas abertas de 2018: 10 e 11 de maio

Publicado o 3 de maio de 2018

O Instituto Politécnico Marítimo do Atlántico de Vigo foi creado en 1965 para impartir as ensinanzas profesionais Náutico e Marítimo-Pesqueiras. Transferido á Xunta de Galicia no ano 1982, na actualidade está adscrito á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, da Consellería do Mar. É o centro nacional de referencia en materia de pesca e navegación. A súa privilexiada situación e as súas modernas instalacións convertéronno nun punto de referencia formativa no sector.

Os Centros de Referencia Nacional son centros públicos que levan a cabo accións de innovación e experimentación en materia de formación profesional, especializados nos diferentes sectores productivos a través das familias profesionais. O Instituto Politécnico Marítimo do Atlántico de Vigo foi nomeado Centro de Referencia Nacional no ano 2015.

As Xornadas de Portas Abertas de 2018 celébranse co obxetivo de dar a coñecer o Centro de Referencia Nacional en Pesca e Navegación. Tendo en mente este propósito, decidimos levar a cabo un obradoiro que reúna os principais axentes do sector marítimo pesqueiro – dende os profesionais que traballan na mar ata o personal docente dos institutos e da universidade, sen esquecer a presenza de armadores e navieiros - coa intención de valorar se as ensinanzas náutico-pesqueiras actuáis adecuanse ás necesidades da realidade profesional e os retos globais que afronta o sector marítimo en xeral, e realizar propostas realistas que contribúan a mellora das ensinanzas. Ademáis, pensamos que esta acción poderá servir como antecedente para futuras colaboracións entre os participantes e contribuir o fortalecemento das comunicacións entre os axentes do sector.

Primeiro día – 10 de maio
09.00 Presentación do obradoiro.
09.30 Comezo do obradoiro.
11.30 Descanso.
12.00 Continuación do obradoiro.
14.00 Conclusión do obradoiro.

Segundo día – 11 de maio
09.30 Benvida da directora do Centro de Referencia Nacional, Engracia Trillo Varela.
10.00 Visita das instalacións do Instituto.
12.00 Presentación do Centro de Referencia Nacional a cargo da directora xeral de desenvolvemento pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.
12.30 Lectura das conclusións do obradoiro.
13.00 Clausura das Xornadas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana.

 

Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Enderezo    Avenida da Beiramar, 55, C.P. 36202, Vigo (Pontevedra)
Teléfonos    886 110 825 / 886 110 826
Correo electrónico    inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es