Aberto o prazo de matrícula para un curso de percebeiro/a

Publicado o 2 de maio de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de PERCEBEIRO/A que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 21 de maio ao 1 de xuño en horario de 9.15 a 13.45 horas.

 

Os/as interesados/as que desexen participar no mesmo deberán presentar:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Fotocopia compulsada do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia compulsada do certificado de estudos acreditativo de ter rematada a escolarización obrigatoria.

 

Máis información nos teléfonos 886 110 825 e 886 110 826, ou no correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es