Curso de adaptación para obter o certificado de operador xeral do sistema mundial de socorro e seguridade marítima (GMDSS)

Publicado o 23 de abril de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o Curso de adaptación para obter o certificado de operador xeral do sistema mundial de socorro e seguridade marítima (GMDSS) que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 15  de maio ao 14 de xuño.

Este curso está dirixido ás persoas que estén en posesión do título de Operador restrinxido do sistema mundial de socorro e seguridade marítima.

As/os interesadas/os que desexen participar no mesmo deberán presentar:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Fotocopia compulsada do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia compulsada da tarxeta profesional.

- Fotocopia compulsada do título de Operador restrinxido do sistema mundial de socorro e seguridade marítima.

Se aos/ás interesados/as non lles é posible entregar no centro a documentación esixida, deberán enviar unha copia escaneada desta ao correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es. Unha vez recibida, responderase confirmando a súa inscrición. Neste caso, deberán presentar os documentos orixinais o primeiro día de curso sen falla, senón non poderá empezar o mesmo.

O curso cubrirase segundo orde de inscrición.

 

Máis información nos teléfonos 886 110 825 e 886 110 826, ou no correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es