Ábrese o prazo de solicitude de admisión para as probas libres para a obtención de títulos FP (LOE)

Publicado o 17 de abril de 2018

Hoxe ábrese o prazo de solicitude de admisión para participar nas probas libres para a obtención de títulos FP (LOE).

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

 

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN. Do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00 horas.

 

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual