Aberto o prazo de matrícula para un curso de formación sanitaria específica avanzada

Publicado o 12 de abril de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de FORMACIÓN SANITARIA ESPECÍFICA AVANZADA que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 8 ao 25 de maio.

As/os interesadas/os que desexen participar no mesmo deberán presentar:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Fotocopia compulsada do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia compulsada da tarxeta profesional.

Se aos/ás interesados/as non lles é posible entregar no centro a documentación esixida, deberán enviar unha copia escaneada desta ao correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es. Unha vez recibida, responderase confirmando a súa inscrición. Neste caso, deberán presentar os documentos orixinais o primeiro día de curso sen falla, senón non poderá empezar o mesmo.

O curso cubrirase segundo orde de inscrición.

 

Máis información nos teléfonos 886 110 825 e 886 110 826, ou no correo electrónico inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es