Aberto o prazo de matrícula para os exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas

Publicado o 2 de abril de 2018

Resolución do 23 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia establece os requisitos para acceder ás probas ordinarias teóricas e prácticas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 2 ata o 20 de abril de 2018, ambos incluídos.

 

DOCUMENTACIÓN. Os/as candidatos/as para presentarse aos exames teóricos ou prácticos, achegarán a seguinte documentación:

 

PATRÓN/PATROA PARA NAVEGACIÓN BÁSICA

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C). Descargue a solicitude AQUÍ.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade, no momento de realización das probas.

 

PATRÓN/PATROA DE EMBARCACIÓNS DE LECER

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C). Descargue a solicitude AQUÍ.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse ao exame teórico específico e complementario do xa superado para obter o título de patrón para navegación básica.

 

PATRÓN/PATROA DE IATE

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C). Descargue a solicitude AQUÍ.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

CAPITÁN/Á DE IATE

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C). Descargue a solicitude AQUÍ.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

* Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

PATRÓN/PATROA DE MOTO NÁUTICA A OU B

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C). Descargue a solicitude AQUÍ.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

 

TAXAS

Exames teóricos

Patrón/patroa para navegación básica

30,04 €

Patrón/patroa de embarcacións de lecer  

38,67 €

Patrón/patroa de iate

54,18 €

Capitán/capitá de iate

65,74 €

Patrón/patroa de moto náutica A ou B

29,18 €
   

Exames prácticos

Patrón/patroa para navegación básica

75,07 €

Patrón/patroa de embarcacións de lecer

75,07 €

Patrón/patroa de iate

112,62 €

Capitán/capitá de iate

112,62 €

Patrón/patroa de moto náutica A ou B

84,54 €

 

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Exame teórico para a obtención da titulación para o goberno de embarcacións de lecer   Código: 302101
 Exame práctico para a obtención da titulación para o goberno de embarcacións de lecer   Código: 302106
 Obxecto de pago  O nome da proba que realiza 
 Datos de pago  O importe que corresponda

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

DATAS E LUGARES DE EXAME. As datas dos exames teóricos así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados na Resolución do 23 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

As horas dos exames serán anunciadas no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios de cada centro de ensino.