Convocatoria dun curso de patrón/patroa costeiro/a polivalente sección ponte

Publicado o 20 de marzo de 2018

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo convoca e procede á apertura do prazo de matrícula para un curso de patrón/patroa costeiro polivalente sección ponte.

 

DATAS DO CURSO. Do 3 de abril ao 26 de xuño de 2018.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 20 ao 23 de marzo de 2018, ambos inclusive.

 

DOCUMENTACIÓN. As persoas que desexen participar no mesmo deben achegar a seguinte documentación:

* Solicitude de matrícula (Procedemento PE607C). Descargue a solicitude AQUÍ.

* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

* Copia compulsada da tarxeta de Mariñeiro/a Pescador/a.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame (18,23 euros).

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  O nome da proba que realiza 
 Datos de pago  18,23 €

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).