Ábrese o prazo de inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio

Publicado o 12 de marzo de 2018

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

 

REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES. Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que:

- non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, e,

- teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba.

 

REALIZACIÓN DA PROBA. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

 

ORDE REGULADORA. ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

 

Máis información en: www.edu.xunta.es/fp/probas