Mariscador/a a pé

Enténdese por mariscador/a a pé toda persoa física que se dedica de xeito continuado á recollida ou captura de mariscos procedentes de bancos naturais da zona intermareal.

 

COMPETENCIAS

- Recoller ou capturar o marisco procedente de bancos naturais da zona intermareal.

- Dominar as técnicas e artes usuais na recollida ou captura de mariscos e outras accións para o coidado e mellor aproveitamento do recurso, tales como limpeza, rareo, sementeira, emendas do substrato, etc.

- Realizar os labores que lle correspondan nun plan de explotación dun banco marisqueiro.

- Desenvolver a súa actividade dentro das normas vixentes, mesmo referidas á primeira venda.

 

CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DA TITULACIÓN

Para a obtención da titulación de mariscador/a a pé, o alumnado deberá:

- realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos, e

- aprobar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.

A duración do curso non será inferior a 40 horas lectivas.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para o acceso ao curso de mariscador/a a pé, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:

- Ter feitos os dezaseis anos de idade.

- Ter rematada a escolarización obrigatoria.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de mariscador/a a pé achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Fotocopia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia compulsada do certificado de estudos acreditativo de ter rematada a escolarización obrigatoria.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

ASISTENCIA AO CURSO

Os/as aspirantes deberán asistir con regularidade ao curso de formación.

 

EXAME

Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente.

Para acceder á proba de avaliación será preciso ter asistido ó 75% do horario lectivo.

Aos/ás aspirantes que superen a proba seralles emitida a correspondente certificación acreditativa.

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

Módulo de producción.

Parte común (8 horas lectivas).

1. O marisqueo como actividade económica en Galicia.

2. Xeneralidades sobre o medio mariño.

3. O marisqueo e as especies mariñas de interese marisqueiro.

4. Evolución dun banco natural: a explotación racional do recurso. Os plans de explotación.

5. O PERMEX e a Lei de infraccións en materia de protección de recursos.

Parte específica (4 horas lectivas).

1. Os moluscos: ecoloxía, anatomía, bioloxía e principais especies.

2. O cultivo de moluscos mariños de interese comercial.

Módulo de organización (12 horas lectivas).

1. A organización. Estructura, normas e participación.

2. As confrarías.

3. As Organizacións de Productores Pesqueiros (OPP).

4. Órganos da Comunidade Autónoma. A Administración autonómica.

Módulo de comercialización (6 horas lectivas).

1. A comercialización dos recursos mariños.

2. A primeira venda. As lonxas.

3. A comercialización.

4. O proceso comercial.

Módulo de xestión (4 horas lectivas).

1. Marisqueo e xestión.

2. O imposto do valor engadido (IVE).

3. O imposto das persoas físicas (IRPF).

4. O sistema español de Seguridade Social.

Módulo de seguridade (5 horas lectivas).

1. Principios xerais de seguridade e saúde laborais. A prevención de riscos laborais.

2. Principais riscos laborais do marisqueo.

3. Os equipos de protección individual (EPI).

4. Primeiros auxilios.

Avaliación (1 hora lectiva).

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A proba de avaliación comprenderá a resposta a un cuestionario dun mínimo de 5 preguntas tipo test ou de resposta curta, por cada un dos módulos do programa, debendo responderse correctamente un 50%.

Realizaranse avaliacións continuas ó longo do curso, facendo media cos resultados da proba de avaliación para determina-la cualificación final de apto ou non apto.

 

NORMATIVA

* DECRETO 428/1993, do 17 de decembro, polo que se regula e refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira.

* ORDE do 8 de novembro de 2000 pola que se regula a obtención dos certificados de cualificación necesarios para optar ós permisos de explotación de mariscador a pé e de recursos específicos.

 

AnexoTamaño
Matrícula Percebeiro-Mariscador.pdf71.51 KB
Decreto 428 do 17 de decembro de 1993.pdf645.81 KB