Ábrese o prazo de inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior

Publicado o 8 de febreiro de 2018

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Do 8 ao 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos.

 

REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES. Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que:

- non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, e,

- teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

 

REALIZACIÓN DA PROBA. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 19 de abril de 2018 no horario que se indica a seguir:

– Ás 9.00 horas: presentación.

– Das 10.00 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).

– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder).

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

 

ORDE REGULADORA. ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

 

Máis información en: www.edu.xunta.es/fp/probas