Charla: "Científicas a bordo"

Publicado o 7 de febreiro de 2018

 

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo súmase á celebración do 11 de febreiro, declarado polas Nacións Unidas "Día Internacional da muller e a nena na ciencia".

Isabel Riveiro, María C. Saínza, Esther Román, Itxaso Salinas e Josefina Teruel, investigadoras do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía, compartirán con todos nós a súa experiencia a bordo.

Día: 9 de febreiro ás 10.15 horas.

Lugar: Salón de actos do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida Beiramar, 55).

Teléfonos: 886110825 ou 886110826