Aberto o prazo de matrícula para o curso de Aumento de atribucións de mecánico/a maior naval

Publicado o 5 de febreiro de 2018

Ábrese o prazo de matrícula para o curso de AUMENTO DE ATRIBUCIÓNS DE MECÁNICO/A MAIOR NAVAL que terá lugar no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo do 3 de abril ao 16 de maio.

 

PRAZO DE MATRÍCULA. Ata a cobertura do total de prazas, segundo orde de inscrición.

 

DOCUMENTACIÓN. Os/as interesados/as deberán achegar a seguinte documentación:

* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada. Descargue a solicitude AQUÍ.

* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

* Copia compulsada da tarxeta de mecánico/a maior naval ou mecánico/a naval maior.

* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame (79,82 euros).

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Aumento Atribucións Mecánico/a Maior Naval 
 Datos de pago  79,82 €

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse na secretaría do centro para coñecer a dispoñibilidade de prazas.

 

Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Enderezo    Avenida da Beiramar, 55, C.P. 36202, Vigo (Pontevedra)
Teléfonos    886 110 825 / 886 110 826
Fax    886 110 853
Correo electrónico    inst.pesqueiro.atlantico@edu.xunta.es

 

 

AnexoTamaño
Matrícula Aumento de Atribucións Mecánico Maior Naval.pdf110.06 KB