Eventos
Mér | ||
---|---|---|
ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR ADMISIÓN NO IES XULIÁN MAGARIÑOS (alumnado que non fixo a reserva de praza) FASES DO PROCESO a) Entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado do último curso dos centros adscritos a noso instituto (alumnado de 6º de Educación Primaria no CEIP O Coto e alumnado de 4º de ESO noCPI da Baña) reserven a súa praza no IES Xulián Magariños co obxecto de continuar aquí os seus estudos. Teñen que facer o trámite neses centros onde están agora mesmo (ahí daranlles toda a información e os impresos necesarios). c) Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. d) Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. O alumnado que non teña dereito a reserva de praza (non cumple as condicións do apartado a.) e quere empezar ou continuar os seus estudos de ESO ou Bacharelato aquí debe facer solicitude de admisión: DOCUMENTACIÓN NECESARIA: solicitude (modelo ED550B), fotocopia do DNI ou libro de familia, certificado académico expedido polo centro actual onde está a cursar estudos, e de ser o caso sentenza xudicial de divorcio ou outra documentación para acreditar circunstancias persoais As solicitudes faranse preferentemente a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ . Unha vez completada a solicitude pode presentarse por dúas vías: a) En sede electrónica (mediante Chave 365 ou certificado dixital), acompañada do resto da documentación necesaria escaneada. Neste caso non é necesario entregar nada no centro, nin solicitude nin documentación b) Imprimir a solicitude e asinala, e presentala físicamente no centro co resto da documentación En caso de poder facer o proceso por internet pode pasar polo centro (previa cita telefónica) a recoller o impreso
VACANTES ESTIMADAS Postos dispoñibles unha vez sexan contabilizadas as reservas de praza 1º ESO : 20 2º ESO : 9 3º ESO : 20 4º ESO : 13 1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 1 1º BAC HUMANIDADES E CCSS : 5 2º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA : 14 2º BAC HUMANIDADES E CCSS : 19
TODA A INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867
O Programa “Lectura e familias” que desenvolve a Biblioteca do IES Xulián Magariños inaugura os seus Encontros con Escritores e Escritoras da Comarca coa visita de Manuel Iglesias Turnes o martes 14 de marzo ás 5 da tarde. Será un encontro coas nais / pais do alumnado que se celebrará na Biblioteca do IES e na que repasaremos co escritor a súa traxectoria literaria. Manuel Iglesias Turnes (Cabanas, A Baña, 1950) desenvolveu a súa actividade profesional xunguida ao mundo das vacas, primeiro desde a Asociación Frisona Galega (Afriaga), cun importante labor na profesionalización deste sector en Galicia, e máis tarde levando a cabo unha actividade comercial relacionada co mundo da mellora xenética da variedade Holstein. Foi o primeiro presidente da Asociación Cultural Afonso Eanes do Val de Barcala e na actualidade está xubilado e cursa o IV ciclo universitario na USC. Como narrador, ten publicadas en Xerais as obras «As rapazas de Xan» (2012), «Que non te aten» (2016) e «Os soños de Miguel» (2022). ANIMANDO AS FAMILIAS A LER O IES Xulián Magariños de Negreira é un dos 50 centros educativos de Galicia seleccionados este curso dentro do programa "Lectura e familias", integrado no Plan LIA 2021-25 de Bibliotecas escolares. Con este motivo o Equipo da Biblioteca, en colaboración coa ANPA A Barcalesa, convocou unha reunión no centro educativo para informar ás familias das iniciativas que se prevé desenvolver en colaboración con elas: mediación lectora, encontros con escritores/as da contorna, alfabetización informacional ou as posibilidades da lectura electrónica, entre outras. |
