BEGIN:VCALENDAR VERSION:2.0 METHOD:PUBLISH X-WR-CALNAME:IES Xulián Magariños | Marzo 05 2023- Abril 05 2023 PRODID:-//strange bird labs//Drupal iCal API//EN BEGIN:VEVENT DTSTAMP;VALUE=DATE-TIME:20240329T114231Z DTSTART;VALUE=DATE-TIME:20230308T201700Z DTEND;VALUE=DATE-TIME:20011203 UID:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxulianmagarinos/node/984 URL;VALUE=URI:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxulianmagarinos/node/984 SUMMARY:Programa \\"Lectura e familias\\" DESCRIPTION:
O Programa “Lectura e familias” que desenvolve a Biblioteca do IES Xulián Magariños inaugura os seus Encontros con Escritores e Escritoras da Comarca coa visita de Manuel Iglesias Turnes o martes 14 de marzo ás 5 da tarde.
Será un encontro coas nais / pais do alumnado que se celebrará na Biblioteca do IES e na que repasaremos co escritor a súa traxectoria literaria.
Manuel Iglesias Turnes (Cabanas\, A Baña\, 1950) desenvolveu a súa actividade profesional xunguida ao mundo das vacas\, primeiro desde a Asociación Frisona Galega (Afriaga)\, cun importante labor na profesionalización deste sector en Galicia\, e máis tarde levando a cabo unha actividade comercial relacionada co mundo da mellora xenética da variedade Holstein. Foi o primeiro presidente da Asociación Cultural Afonso Eanes do Val de Barcala e na actualidade está xubilado e cursa o IV ciclo universitario na USC. \;
Como narrador\, ten publicadas en Xerais as obras «As rapazas de Xan» (2012)\, «Que non te aten» (2016) e «Os soños de Miguel» (2022).
ANIMANDO AS FAMILIAS A LER
O IES Xulián Magariños de Negreira é un dos 50 centros educativos de Galicia seleccionados este curso dentro do programa \\"Lectura e familias\\"\, integrado no Plan LIA 2021-25 de Bibliotecas escolares. Con este motivo o Equipo da Biblioteca\, en colaboración coa ANPA A Barcalesa\, convocou unha reunión no centro educativo para informar ás familias das iniciativas que se prevé desenvolver en colaboración con elas\: mediación lectora\, encontros con escritores/as da contorna\, alfabetización informacional ou as posibilidades da lectura electrónica\, entre outras.
Hoxe tivo lugar e entrega de premios aos finalistas e gañadores do IV Concurso de Fotografía IES Xulián Magariños\, \\"Camiño de Santiago e patrimonio en Negreira\\". Parabéns a todos eles\, aos que desexamos que sigan cultivando esa afición pola fotografía e por coñecer e valorar o rico patrimonio do noso concello.
END:VEVENT BEGIN:VEVENT DTSTAMP;VALUE=DATE-TIME:20240329T114231Z DTSTART;VALUE=DATE-TIME:20230324T113600Z DTEND;VALUE=DATE-TIME:20230324T113600Z UID:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxulianmagarinos/node/994 URL;VALUE=URI:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxulianmagarinos/node/994 SUMMARY:PROCESO DE ADMISIÓN DESCRIPTION:Informamos que todo o alumnado que solicitou admisión neste centro está admitido. Terá que proceder a formalizar a matrícula no período ordinario de matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo.
END:VEVENT BEGIN:VEVENT DTSTAMP;VALUE=DATE-TIME:20240329T114231Z DTSTART;VALUE=DATE-TIME:20230330T104300Z DTEND;VALUE=DATE-TIME:20011203 UID:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxulianmagarinos/node/995 URL;VALUE=URI:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxulianmagarinos/node/995 SUMMARY:Recomendacións lectoras para a Semana Santa DESCRIPTION:Achegamos o boletín trimestras de suxestións do Equipo de biblioteca\, sempre cheo de interesantes recomendacións.
 \;
END:VEVENT END:VCALENDAR