Skip to Content

Información ás familias

Información ás familias sobre o protocolo de adaptación ao contexto COVID-19

Nestes momentos, dada a situación epidemiolóxica, non se require un plan específico de adaptación dos centros educativos ao contexto da Covid-19.

O 5 de setembro dítanse as seguintes instrucións nas que se manteñen algunhas recomendacións:

Instrucións conxuntas das Consellerías de Educación e Sanidade (5 de setembro de 2022)

A principal recomendación é manter as medidas de ventilación cruzada frecuente nas instalacións por terse amosado como medidas de saúde e hixiene eficaces na prevención de diferentes enfermidades e a propagación aérea de patóxenos.

Tamén segue sendo aconsellable a hixiene de mans e respiratoria.

Respecto ao uso da máscara, esta só será obrigatoria no transporte escolar, e será recomendable para aquelas persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita da Covid-19.

Por último, con carácter xeral, se unha persoa presenta síntomas compatibles coa Covid-19 non
precisa illamento pero deberá utilizar máscara e manter una hixiene de mans e respiratoria axeitada. Tamén evitará a interacción con persoas vulnerables. En calquera caso, se a sintomatoloxía lle impide asistir con normalidade ao centro, non acudirá, como no caso de calquera outra enfermidade común. A xustificación das faltas de asistencia efectuarase pola vía ordinaria (abalarMóbil).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut