Skip to Content

INICIO DO CURSO

Venres 15:

 12:30 hs. - Presentación de todos os cursos nas aulas respectivas cos seus titores/as.

As listaxes de asignación aos distintos grupos exporanse nas portas de entrada 1 hora antes da presentación.

Os solicitantes de comedor están admitidos na súa totalidade e ese mesmo día xa poderán facer uso do mesmo.

Haberá servizo de transporte coa antelación necesaria para a presentación e no horario de saída habitual.

 Os pais e nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao Centro que o desexen serán recibidos polo Director no Salón de Actos ás 12:45hs.

 

Luns 18:

 Comezo das actividades lectivas e horario:
        
ESO e BAC

De Luns a Xoves: 8:40 a 14:30 hs. Venres: 8:40 a 14:15 hs

    CICLO

    Luns e Martes: 8:30 a 15:10 hs.  Mércores, Xoves e Venres: 8:30 a 14:45 hs.

 

Libros de texto e vales de material:

Os vales para a compra de material escolar xa están dispoñibles na conserxería do edificio principal.

Os libros de texto do Fondo Solidario repartiranse ao longo da semana directamente ao alumnado, que deberá devolver o documento de entrega asinado.



page | by Dr. Radut