Día da Poesía e Día da Auga (21 e 22 de marzo de 2017)

Dúas celebracións seguidas , emparelladas, coma unha pegada trála outra. Daquela que mellor que mergullarse nas  Antoloxías poéticas  do século XX  (AA. VV) para extraer alfaias literarias!

Esa esculca fixeron  os rapaces e rapazas de 2º Eso C e 2º Pmar, para conmemorar estas celebracións:  verbas de auga flúen polas súas escolleitas, pingas poéticas que nutren a razón e hidratan a imaxinación.