O I.E.S. Xoán Montes quere felicitar a Santiago García Rivas por acadar un dos premios extraordinarios de bacharelato correspondente ao curso 2020-2021.
Este premio valora o esforzo que Santiago realizou no transcurso dos seus estudos de bacharelato e que foi posible polo traballo conxunto de toda a comunidade educativa, con especial mención á súa familia e aos equipos docentes que o alumno tivo na súa traxectoria educativa.
PARABÉNS SANTIAGO!