Skip to Content

PROGRAMA ERASMUS+ "ATS STEM" (3º e 4º ESO)

O IES Xoán Montes foi, durante o curso 2020-2021, centro piloto dun programa sobre avaliación de competencias transversais STEM dentro dun proxecto Erasmus+ KA3 promovido pola Consellería de Educación, en colaboración coa USC.

O alumnado realizou unha autoavaliación sobre o seu grao de competencias transversais antes e despois da incorporación do Marco europeo de traballo de Competencias STEM, baseado en metodoloxías activas e participativas. A USC estudará e difundirá, previsiblemente en outubro, os resultados do proxecto que permitirán coñecer o grao de ditas competencias: resolución de problemas, innovación e creatividade, comunicación, pensamento crítico, capacidades metacognitivas, colaboración, autorregulación, competencias e destrezas disciplinares.

Cartel Competencias STEM. Beatriz Penas Trastoy (3ºB). CC BY-SA

O alumnado de 3º e 4º estivo integrado no proxecto interdisciplinar no que participaron as materias de Xeografía e Historia, Inglés, Bioloxía e Xeoloxía, Cultura Científica e TIC. Ao longo do curso deseñáronse dous ciclos de aprendizaxe interdisciplinares.

No primeiro ciclo de aprendizaxe titulado Lugo, cidade sostible levouse a cabo un traballo de investigación sobre diversos aspectos históricos, culturais e naturais da cidade. No segundo ciclo de aprendizaxe denominado Xogamos en Lugo, o alumnado deseñou distintas tarefas incorporando a metodoloxía de aprendizaxe baseada en xogos (ABJ) os coñecemetos adquiridos no 1º ciclo de aprendizaxe.

 

A participación no proxecto foi valorada moi positivamente que puxeron de relevancia a importancia de aprender doutra maneira máis participativa. Grazas ao traballo en equipo superaron os retos que supón saber organizarse, colaborar. Compartimos o deseño dos ciclos de aprendizaxe con algunhas das innumerables tarefas e documentos que desenvolveu o alumnado neste proxecto. 

1º ciclo de aprendizaxe

Lugo, cidade sostible

2º ciclo de aprendizaxe

Xogamos en Lugo

Na consecución do mesmo houbo tamén lugar a aprender dos erros e equivocacións. Ao longo do desenvolvemento dunha das tarefas o alumnado comprendeu que é moi importante ter moito coidado co que se sube á internet porque pode ter consecuencias indesexadas. Como mostra diso, algúns estudantes fixeron as seguintes reflexións e infografías: reflexión 1, reflexión 2 e reflexión 3

 



page | by Dr. Radut