Distribuir contido

  Para ver o mellor posible esta web, compre usar o  navegador Mozilla Firefox  e ter actualizado o  Adobe Flash Player .

Visita os nosos blogs e enlaces permanentes:

 

WEB DO CENTRO:

Biblioteca
TIC 1º BACH
Equipo de dinamización da lingua galega
Axenda 21
Comenius (recortes de prensa)

Campamento de Inglés (Proxecto Inmersión Lingüística)

 

 

Organigramas

Organigrama funcional

DIRECTOR

-Representación oficial do centro. Visado de documentos. Execución dos acordos dos órganos colexiados. Convocar e presidir actos académicos, órganos colexiados e todas as comisións existentes, salvo delegación noutro membro da dirección.
-Coordinación de todas as actividades do instituto. Coordinar modificación do PEC, PCE, PXA
-Cumprir e facer cumprir a normativa vixente. Favorecer a convivencia de acordo co regulamento réx. Interior. Garantir o dereito de reunión do profesorado, alumnos, pais e nais , persoal administrativo e de servicios.
-Colaborar coa inspección educativa. Trasladar á Delegación memorias e propostas de solución aos problemas existentes. Impulsar as relacións do instituto co contorno.
-Xestión dos medios humanos e materiais do instituto, dinamizando e canalizando aportacións e buscando canles de colaboración. Contratación de obras, servicios e subministracións. Autorización de gastos orzamentarios.

SECRETARIA

-Ordenar o réxime administrativo do instituto de acordo coa dirección.
-Actuar como secretaria dos órganos colexiados , levantar actas das sesións e dar fe dos acordos co visto e prace do director.
-Custodiar os libros e arquivos do instituto.
-Expedición de certificacións que soliciten as autoridades e interesados.
-Realizar, cos xefes de departamento, o inventario xeral do instituto e mantelo actualizado.
-Custodiar e dispoñer a utilización dos medios audio-visuais, material didáctico, mobiliario ou calquera material inventariable.
-Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación do director, a actividade e funcionamento do persoal de administración e de servicios.
-Elaborar o anteproxecto de orzamento do instituto de acordo coas directrices do Consello Escolar e oída a Comisión Económica.
-Ordenar o réxime económico do IES, de acordo coas directrices aprobadas, realizar a contabilidade e render contas ante o CE e as autoridades correspondentes.
-Velar polo mantemento do material.
-Dar a coñecer á comunidade educativa a información sobre normativa, disposicións legais e asuntos de interese xeral e profesional.
-Presidir a Com.Econ. por delegación do director.
-Outras funcións encomendadas polo director.
XEFE DE ESTUDOS
-Exercer , por delegación do director, a xefatura do persoal docente en todo o relativo ao réxime académico.
-Coordinar e velar polo cumprimento das actividades de carácter académico e de orientación do profesorado e do alumnado, de acordo co PEC, PCE e a PXA.
-Elaboración dos horarios académicos según os criterios do claustro e o horario xeral incluído na PXA, e velar polo seu estricto cumprimento.
-Coordinar as actividades dos xefes de departamento.
-Coordinar a acción dos titores, en colaboración co departamento de orientación.
-Coordinar participación do profesorado nas actividades de perfeccionamento.
-Organizar e planificar as actividades de formación de profesores realizadas no instituto.
-Coordinar a actividade docente nos procesos de avaliación, adaptación curricular, actividades de recuperación e reforzo.
-Facilitar a organización do alumnado.
-Establecer mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do profesorado. Atención ao alumnado accidentado.
-Organizar ao alumnado nos períodos de lecer.
-Outras función enconmendadas polo director.

VICEDIRECTOR

-Substituír ao director en caso de ausencia ou enfermidade.
-Organizar, conxuntamente co director e o xefe de estudios, os actos académicos.
-Coordinar a realización das actividades complementarias e extraescolares, segundo as directrices aprobadas no Consello Escolar.
-Redactar o Proxecto de Actividades en colaboración cos Xefes de cada Departamento e realizar a memoria anual, ao inicio e final de cada curso, respectivamente.
-Coordinar o Programa de Formación do Profesorado.
-Arquivar e distribuír todo tipo de Información (actividades extraescolares,cursiños, ENL, premios, información sindical, Consellería, etc.) recollida diariamente no e-mail, correos e outros. A distribución farase a través dos paneis e mesas das salas de profesores, dos paneis ubicados nos corredores e aulas e mesmo informando directamente ao persoal implicado.
-Coordinar –xunto co titor- o programa de formación en centros de traballo (FCT) do alumnado que cursa o Programa de Garantía Social.
-Relación coas institucións comarcais.
-Asistir ás xuntanzas do Consello Escolar, con voz e sen voto, para tratar asuntos que lle sexan encomendados.
-Outras funcións encomendadas polo director.

ORGANIGRAMA FUNCIONAL DA DIRECCIÓN (Decreto 324/1996 Reg.Org.IES)