Skip to Content

ABALAR MÓBIL

 

Neste curso 2018-2019 o IES Xermán Anconchea fará uso dunha ferramenta dixital que a Xunta de Galicia pon a disposición de todos os centros educativos co fin de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias e tamén para achegar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Trátase de abalarMóbil, unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet e que se pode descargar dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). Esta aplicación permite entre outras opcións:

• Consultar as notas do seu fillo/a

• Consultar e xustificar as súas faltas de asistencia

• Consultar as súas faltas de conduta

• Solicitar unha cita de titoría

Para facilitar o seu manexo, a Xunta tamén pon a disposición das familias na súa páxina web, unha guía na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar. O enlace para acceder á guía é o seguinte:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

 

 

 

 



page | by Dr. Radut