Skip to Content

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/2020.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 8 de xuño e o día 10 de xullo de 2019.

Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo ao efecto.

Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)
IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

A relación provisional de persoas inscritas será exposta o día 15 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente e os motivos de exclusión.

Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude ata o día 17 de xullo.

A relación definitiva de persoas inscritas será exposta o día 22 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal.

As probas de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

  • Grao medio. Proba de madureza: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
  • Grao superior. Proba de madureza: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:

Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
  • Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Vela, o día 13 de setembro, ás 11.30 horas, nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

Máis información.



page | by Dr. Radut