Novas

Biblioteca María Mariño

A Consellería de Educación ven de conceder á nosa biblioteca unha axuda dentro do Plan de mellora 2009/2010. Deste xeito se recoñecen as actividades e proxectos levados a cabo.Noraboa ao equipo encargado e a todos os usuarios da mesma.<ver máis>
PLAN DE MELLORA

Al-Andalus

Al-Andalus, o legado Hispano-Árabe

Dende finais de Maio florecen nos corredores e na entrada do Instituto
animais mitolóxicos, mosaicos, vistas da Alhambra, pendóns, murais e paneis
informativos que falan do léxico hispánico e francés de procedencia árabe, de
romances medievais, da Chanson de
Roland, da música andalusí, da influencia
árabe nas Matemáticas, de Fibonnacci, de Averroes e outros filósofos árabes
medievais. Pronto veremos tamén unha fonte que bota auga e foi creada no
laboratorio do Instituto, e recorda a importancia do regadío en Al-Andalus. Na Biblioteca unha interesante exposición
bibliográfica amplía o tema. Porque é inmenso o legado que esta civilización
nos deixou. Porque queremos desbotar prexuízos e estamos convencidos de que o
coñecemento dos outros incide na educación pola Paz.

Trátase dun proxecto, concibido e dirixido polo noso profesor de Debuxo,
Antonio Sánchez, que dende o curso pasado ven traballando arreo co alumnado de
Plástica, e conseguindo a colaboración dos outros Seminarios.

Dende aquí invitamos a toda a Comunidade Educativa a vir ver a exposición, que se prolongará ata finais do
verán, ó tempo que felicitamos a todo o alumnado participante e a Antonio polo
seu excelente traballo.

Conferencia

12/03/09  O escritor Xabier P. Docampo pronunciou unha conferencia no I.E.S. “Virxe do Mar” de Noia, dirixida ó alumnado do Primeiro Ciclo de E.S.O. A función da literatura, as causas e finalidade do proceso da escritura, a necesidade de que o lector atope reflectida na obra algo da súa experiencia vital para poder conectar con ela, foron algúns dos puntos tratados na súa disertación.
Ó rematar a conferencia, Xabier Docampo asinou os libros que rapazas e rapaces lle presentaron e animou un coloquio sobre técnicas de fomento da lectura con membros dos equipos de Biblioteca dos centros escolares de Noia, A Serra de Outes e Porto do Son.

Certame literario Antón Avilés de Taramancos

Vén de convocarse o VIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. Poderán concorrer todas as persoas, maiores de idade, cun único traballo en galego inédito, encadrado no relato de aventuras.
Establécese un único premio de 3000 €, ademais dunha escultura do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra. Os traballos serán remitidos ao enderezo do Concello de Noia. O prazo para a presentación dos orixinais remata o día 17 de abril de 2009.
O Certame está convocado polo Concello de Noia e organizado pola revista Casa da Gramática  coa colaboración da Xunta de Galicia. O ilustrador lucense Xulio Gayoso foi desta volta quen deseñou o cartaz anunciador.
Bases completas facendo clic nesta ligazón.

Cinéma,cinéma

Fai 10 anos iniciouse a Mostra de Curtas Vila de Noia. Fai 10 anos tamén rapaces e rapazas que estudaban Francés neste centro realizaron traballos sobre actores, actrices e directores de cine Francés. Polas tardes, na aula de Imaxe, proxectábanse películas dos pioneiros do cine galo, e obras mestras no seu xénero, coa inestimable axuda dun exalumno cinéfilo, Antón G. Agrelo . Hoxe, o I.E.S. “Virxe do Mar” conta cunha  ampla colección de películas francesas. Por iso, aproveitando que no noso Centro se desenvolve a actividade “Disección dunha curta”, da Mostra, decidimos retomar aquela exposición realizada conxuntamente polos Seminarios de Francés e Imaxe. E aproveitamos para vos dar a coñecer a todos algúns aspectos deste cine…

Distribuir contido