Novas

Premio para o EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

O IES Virxe do Mar é un dos 4 institutos galegos seleccionados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística como modelos de planificación sociolingüística. Esta mención recoñece o labor desenvolvido polo ENDL a prol do idioma galego nos últimos anos.
O profesor Xavier Castro, como xefe do Equipo, exporá, durante o primeiro trimestre do curso, nas sete principais cidades galegas a experiencia de normalización no noso instituto dentro do II Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino.
Como xa manifestou o profesor Xavier Castro a diversos medios informativos, este feito é un orgullo para toda a comunidade escolar do centro e para Noia en xeral.
Desde aquí felicitamos o equipo de normalización polo seu traballo e a todo o alumnado, profesorado, pais, nais e persoal non docente pola súa participación na defensa do idioma desde hai moitos anos.

ver noticia no xornal "la voz de galicia"
ver noticia no xornal "el correo galego"


 

Distribuir contido