Actividades

Unable to create scaled Thumbnail image.

XV Certame Letras Galegas

21-maio-09. Organizado polos EDNL do IES Virxe do Mar e Campo de San Alberto, celebramos un ano máis o acto de entrega de premios ao alumnado participante neste certame literario nas modalidades de relato e poesía.
O acto contou coa presenza dos directores dos centros e os membros dos equipos organizadores ademais, por suposto, de todos os participantes e público invitado que enchía a Aula Álvaro de las Casas.
O acto iniciouse cunha actuación musical a cargo de Alexandra e Lucía. De seguido os presentadores (Mariña e Ismael) lembraron diversos momentos da vida de Ramón Piñeiro.A continuación comezou ao momento  entrega de premios seguida con aplausos aos xóvenes escritores.Unha nova peza musical pechou esta entrega.
Dende estas páxinas queremos felicitar a todos os compañeiros/as que presentaron os seus traballos e animalos a continuar con estas inquedanzas literarias. 

CENTENARIO URBANO LUGRÍS (1908-1973)

 

   O 30 DE XANEIRO O E.N.D.L. E O DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS ORGANIZAMOS UNHA VIAXE DIDÁCTICA CO NOSO ALUMNADO Á CORUÑA PARA VISITAR O MUSEO DE BELAS ARTES E A EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO CENTENARIO DO PINTOR URBANO LUGRÍS. COMO COMPLEMENTO DAQUELA ACTIVIDADE, O DÍA 12 DE MARZO, CONVIDAMOS AO PROFESOR XOSÉ MANUEL LÓPEZ VÁZQUEZ, DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, PARA DAR UNHA CONFERENCIA ARREDOR DA VIDA E TRAXECTORIA PICTÓRICA DO ARTISTA SADENSE. LÓPEZ VÁZQUEZ REALIZOU UN PERCORRIDO POLAS CARACTERÍSTICAS MÁIS IMPORTANTES DO LABOR PICTÓRICO DE LUIGRÍS ADEMAIS DE REALIZAR UNHA PORMENORIZADA EXPLICACIÓN DALGÚN DOS SEUS  CADROS.

XESÚS ALONSO MONTERO. Conferencia

 

   O día 7 de marzo de 1908 morría en Cuba un dos principais poetas do deniminado Rexurdimento literario galego: Manuel Curros Enríquez. Nacera no ano 1851 nas vizosas terras de Celanova que tantos vencellos manteñen co eido das letras galegas.

   Os tres poemas que o fan definitivamente poeta en galego ('A Virxe do Cristal', 'Unha voda en Einibó' e 'O gueiteiro') xunto cos poemarios 'Aires da miña terra' e 'O Divino Sainete' fixeron do escritor unha referencia cívica, progresista e con proxección galeguista ao longo deica hoxe.

   Para coñecermos mellor a súa figura e obra lírica, o 5 de marzo, o profesor Xesús Alonso Montero -un dos estudosos máis sobranceiros da nosa literatura en xeral e de Curros en particular- impartirá unha conferencia no Instituto para o alumnado de 2º de bacharelato. Non dubidamos que será unha clase maxistral e agradecemos o esforzo e deferencia de Xesús Alonso Montero co noso Centro e co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que con esta actividade arela lembrar, homenaxear e enxalzar o poeta que fixo do compromiso co idioma o seu principal labor.

Visita: A Coruña

 

VISITA 
Exposición Centenario Urbano Lugrís 
e
Museo de Belas Artes da Coruña

DATA 
30 de xaneiro - 8:30 - 14:30
 

Arte Bach - 2ºBach B - Equipo de Normalización - Alumnado de EPV-4ºESO 
(
36 alumnos)
    

A visita organizada polo Grupo de Normalización Lingüística e o Departamento de Arte tiña por finalidade o achegamento a obra do pintor galego Lugrís, outro gran descoñecido, e do que se celebra neste 2008 o centenario do seu nacemento. Aproveitamos a mostra que Caixa Galicia ten na Coruña ata o día 16 de febreiro para visualizar o bo facer deste artista, grande, incomprendido e amigo inseparable de Avilés de Taramancos na súa época da Coruña e co que soñou grandes proxectos. A exposición mergullounos no seu particular universo mariño, surrealista, metafísico e fabulador, construído cunha delicadísima e minuciosa pincelada e poboado de sereas, buguinas, veleiros, peixes, mastros....e o mar Tamén fixemos un percorrido por algunhas dependencias do Museo de Belas Artes da Coruña que nos serviu para contextualizar a obra de Lugrís ao coñecer a pintura que se facía previamente- como a da Xeración Doente- e a que se fixo simultaneamente, aínda que cunha linguaxe plástica diferente (Maside, Colmeiro, Laxeiro, Seoane...).

 


VISITA A COMPOSTELA

O DÍA 17 DE XANEIRO DE 2008, OS MEMBROS DO ENDL XUNTO CUN GRUPO DE 4º DA ESO E DAS ALUMNAS DE HISTORIA DA ARTE DE 2º DE BACHARELATO, VISITARON AO LONGO DA MAÑÁ, O ENTORNO DA CATEDRAL (FONSECA, OBRADOIRO, QUINTANA...) ASÍ COMO O INTERIOR DA CATEDRAL ANTES DE INICIAR O PERCORRIDO POLAS CUBERTAS E TELLADOS DA MESMA. MALIA QUE O DÍA ESTABA DESAPACIBRE FOI OUTRO XEITO DE ENXERGAR UN ENTORNO SINGULAR E VER UN CONXUNTO DE ESPAZOS DESDE UNHA UBICACIÓN PRIVILEXIADA.

 

 

Distribuir contido