Actividades

Tenis de Mesa: 15 Xornada

Na xornada disputada o sábado 1 de marzo agardabamos un encontro máis igualado diante do potente TM Hípica-A Coruña. Un equipo que se presentaba en Noia un posto por riba na clasificación .A realidade foi un encontro que gañamos con solvencia cun marcador que reflicte ben ás claras o acontecido no terreno de xogo. O equipo formado por Guillermo, Pablo e Inés ,ainda sen reflexar por momentos o seu mellor xogo, acabou gañando por un contundente 4-2.Este resultado lévanos a 4ª posición da liga en espera das 3 últimas xornadas. Noraboa equipo!! <ver clasificación> <ver fotos>


Tenis de mesa:14ª xornada

Ainda que o taboleiro rexistrou un 3-4 en contra, estamos no certo se decimos que este foi un dos mellores encontros disputados polo noso equipo.Calquera dos partidos perdidos, ben puido caer para o noso peto.Pero diante tiñamos ao Andeiro de Cambre que é un dos grandes da categoría.
Magnífica actuación de Inés,Guillermo,Pablo e Brais (ainda que viaxou, non xogou por mor dunha lesión). Noraboa equipo!!.
<ver clasificación>


Tenis de Mesa: 13ª xornada

Chegabamos a esta xornada coa lesión de Guillermo que lle impideu xogar os partidos individuais .Diante tiñamos ao equipo ADECO-OUTES, un dos galos da categoría.A sorte tampouco estaba con eles (o seu número 2 non se achegou a cancha por mor dunha lesión). A mala sorte repartiase por igual.
Desta volta o equipo alineaba a : Pablo, Alex e Santi para os econtros individuais e Pablo-Guiller como parella de dobres.
Malia a perda de 2 puntos nos encontros con Mingos Rama ( un dos mellores xogadores da categoría ) o noso equipo recuperouse gañando o dobre e 3 individuais ( de novo os momentos Santi foron decisivos !!). Resultado 4-2 ao noso favor e 3ª posición na táboa clasificatoria.Primeira dificultade superada no camiño de acadar a 3ª posición final. 
O vindeiro sábado agárdanos outro difícil partido contra Andeiro de Cambre ...
<ver clasificación>  


Tenis de Mesa: 11ª xornada

Na 11 xornada da liga tivemos que desprazarnos a localidade de Sigüeiro. Alí agardaban por nós dous os equipos de Promesas e Xuventude de Oroso. O resultado foi de 4 a 0 ao noso favor nos dous encontros. Aínda que o marcador semella claro, algún dos puntos en xogo tivemos que disputalos ao 100 %. . Malia a súa xuventude, algún dos xogadores que tiñamos enfronte amosaron un nivel técnico excelente.

O noso IES estivo desta volta representado por Santi – Brais – Alberto – Inés - Guillermo e Pablo. Todos eles responderon a un nivel alto. Compre sinalar que tanto Gillermo como Brais pasaron máis dificultades das agardadas aínda que souberon resolver os momentos difíciles para acabar impoñéndose nos seus encontros. Santi, Inés e Alberto estiveron na súa boa liña e Pablo sigue escalando posicións no ranking da competición xa que gañou un encontro e participou nun dobre que tamén apañou outro punto.  <ver fotos> <ver clasificación>


Deporte escolar 06-07


Se queres ver imaxes da presentación dos equipos de Deporte Escolar no curso 2006-07 fai clic na ligazón :

 deporte escolar 06-07


Distribuir contido