Actividades

3ª Copa Fútbol Sala - ANPA

 
                        clic na imaxe para ver todos os resultados e clasificacións

IV Xornadas Psicopedagóxicas

 

13/02/2009: Comezaron as IV Xornadas Psicopedagóxicas que organiza a ANPA do instituto.

Comezou o acto cunha benvida musical a cargo do coro do centro quen recolleu ao final unha chea de merecidos aplausos pola súa brillante actuación.
De seguido na Aula Álvaro de las Casas o Alcalde de Noia, D. Rafael García Guerrero inaugurou oficialmente as xornadas.

A primeira conferencia correu a cargo de D. Manuel Dios Diz, fundador e presidente na actualidade do Seminario Galego de Educación para a Paz quen impartiu unha charla baixo o título de "Conflitividade e convivencia escolar".
Todo o acto foi seguido con interés por un público que encheu a aula de conferencias.

Compre felicitar aos organizadores por este brillante inicio.

O vindeiro 13 de marzo terá lugar ás 20:30 h. a a segunda das charlas programadas.

programa en pdf

>

CONCERTO MUSICAL: O vindeiro 30 de xaneiro ás 20:30 h. no Coliseo Noela, celebraremos un concerto musical co obxectivo de recadar fondos para as viaxes de fin de curso do centro.
No mesmo actuarán alumnos/as do centro e mesmo pais/nais e profesores/as que forman parte dunha agrupación vocal.


Reunión ANPA

O vindeiro Martes 13 de xaneiro ás 20:30 h. a ANPA convoca a todos os pais e nais a unha reunión que se celebrará na aula Alvaro de las Casas do centro.
Na mesma se ofrecerá información das actividades que realizará a asociación próximamente: Curso de hábitos e técnicas de estudo-Visita ao
Forum Orienta no recinto ExpoCoruña-Xornadas Psico Pedagóxicas 2009-Obradoiro para pais e nais.
Dada a importancia dos temas a tratar, animamos a todos e todas a acudir a mesma.


Deporte escolar 06-07


Se queres ver imaxes da presentación dos equipos de Deporte Escolar no curso 2006-07 fai clic na ligazón :

 deporte escolar 06-07


Distribuir contido