Desde o curso 2020-2021, o IES Virxe do Mar participa no proxecto E-Dixgal da Consellería de Educación. Isto supón a dixitalización das aulas e do proceso de ensino-aprendizaxe. As aulas E-Dixgal, que actualmente no IES Virxe do Mar son xa todas as da ESO (desde 1º a 4º), contan cun ordenador de aula, un proxector, unha pizarra dixital e mais un carro de carga. Todo o alumnado do nivel da ESO dispón de cadanseu dispositivo portátil co que pode conectarse á plataforma educativa de E-Dixgal, consultar os contidos, realizar as tarefas e mellorar, en definitiva, a súa competencia dixital.
O traballo desenvólvese nun espazo virtual de aprendizaxe completamente seguro, ao que se accede no enderezo eva.edu.xunta.gal. Cada alumno conta cunhas credenciais de acceso propias (usuario e contrasinal).
Servizo Premium
O alumnado, as familias e o profesorado usuario de E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento no que se poderán informar, consultar dúbidas, comunicar e resolver avarías ou incidencias...
Este servizo está operativo as 24 horas do día, os 7 días da semana e pódese contactar de diferentes xeitos:
- a través do número de teléfono 881 86 99 00
- a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
- a través do WhatsApp no número 604 06 78 56
- a través da mensaxería de Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal
Existen, tamén, puntos físicos de atención, que poden consultarse no seguinte mapa:
Uso dos equipos
O alumnado poderá levar o ordenador ao seu domicilio para estudar e realizar as tarefas encargadas polo profesorado. Non se poderá utilizar este equipo para ningún outro uso persoal ou profesional sen a expresa autorización do centro. Ademais, non poderá cederse a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recollida como conduta contraria á convivencia nas normas de organización, funcionamento e convivencia.
A responsabilidade do correcto coidado e do uso do equipo recae nos/as pais/nais/titores/as legais, respondendo da perda do ordenador, do seu mal uso ou dos danos producidos no equipo (que supoña o dano de calquera elemento do ordenador non contemplado na garantía). Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria do equipo e que estean recollidas na súa garantía.
Seguro
Se así o desexan, as familias pode contratar un seguro anual (válido dende setembro ata agosto de cada curso escolar), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía.
O custe anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do número de teléfono 881 505 136.
No arquivo anexado poden obter máis información.